As comunicacións presentaranse nas modalidades de temas libres orais e pósteres, de contido relacionado coas temáticas do Congreso. A data límite para a presentación das comunicacións e paneis é o 30 de outubro de 2008.
Os paneis terán unhas dimensións máximas de 90 cm de ancho por 120 cm de alto.
Serán montados polos autores na tarde do 18 ou a mañá do mércores 19 de novembro. Retiraranse o sábado 22 pola mañá.
Para a súa fixación, preferiblemente usar “velcro” ou cinta adhesiva de dúas caras. Non usar chinchetas. Se fose necesario, pódense obter materiais para a súa fixación no mostrador de rexistro.
Os paneis serán lexibles dende unha distancia de 1 a 2 m. Os gráficos, debuxos e ilustracións poden ser similares aos usados para confeccionar diapositivas, pero mellor máis grandes e con trazos máis grosos.
Os idiomas utilizados serán os oficiais do congreso (galego, castelán ou inglés). O tamaño mínimo dos carácteres será de 1,5 cm para o título, e de 0,5 cm para os nomes de autores e as súas direccións.
Recoméndase organizar o póster en seccións usando cabeceiras simples e prominentes tales como: Resumo, Introdución, Material e métodos, Resultados e Conclusións. Cando sexa posible, usar gráficos intercalados no texto, indicando a súa secuencia con números ou frechas. O uso da cor, fotografías ou disposicións en tres dimensións pode facelo máis atractivo.
Recoméndase encarecidamente pegar na esquina superior dereita unha foto tamaño pasaporte do autor/é responsable da explicación do panel. Unha caixiña ou sobre para cartóns así como fotocopias do panel poden ser moi útiles.
A Organización non asume ningunha responsabilidade polos materiais exhibidos.
Os paneis estarán numerados e cada un terá reservado un lugar específico. Os autores deben asumir a obriga de atender persoalmente os seus paneis.
INICIO | LUGAR E DATAS | PROGRAMA | DOCUMENTACIÓN | CONTACTOS
(c) 2008 Desenvolvemento web: AVA - www.avaforum.com