As comunicacións presentaranse nas modalidades de temas libres orais e pósteres, de contido relacionado coas temáticas do Congreso. A data límite para a presentación das comunicacións e paneis é o 30 de outubro de 2008.
Presentaranse nas modalidades de temas libres orais e pósteres, de contido relacionado coas temáticas do Congreso.
Tanto as comunicacións orais coma as de formato panel, adaptaranse ás normas de presentación definidas polos Comités do Congreso.
Para ambas modalidades de comunicación, presentarase un resumo escrito para ser avaliado polo Comité Científico.
Unha vez avaliados polo Comité Científico, estes resumos serán publicados nun libro de ACTAS que se entregará aos asistentes coa documentación do Congreso.
Para a presentación dos resumos é necesario realizar unha inscrición previa a través da páxina
web do Congreso, cubrindo o formulario inserido no apartado INSCRICIÓNS.
INICIO | LUGAR E DATAS | PROGRAMA | DOCUMENTACIÓN | CONTACTOS
(c) 2008 Desenvolvemento web: AVA - www.avaforum.com