O monte galego precisa unha mellora substancial da súa estrutura e potencialidades produtivas, desenvolvendo todos os beneficios tanto económicos coma ecolóxicos e sociais.
O monte galego precisa unha mellora substancial da súa estrutura e potencialidades produtivas, desenvolvendo todos os beneficios tanto económicos coma ecolóxicos e sociais. É importante acadar un axeitado nivel de formación no sector forestal, especialmente en canto á sustentabilidade da xestión e a posibilidade de aproveitar o monte desde un punto de vista multifuncional, estudando as potencialidades e os distintos produtos e beneficios que se obterán.
Para conferir unha xestión forestal sostible debemos fomentar os documentos de planificación da xestión forestal e proxectos de valorización integral dos recursos forestais.
Para garantir un axeitado aproveitamento dos recursos forestais débese estudar a necesidade de diversificación dos produtos e servizos que se poden obter do monte, co fin de conseguir unha mellora das producións en xeral e a posibilidade de obter máis rendas baseándose na calidade e na ordenación das producións.
A mellora das condicións dos montes para o seu uso social e divulgativo e o fomento da mellora das condicións ambientais, a través da creación de espazos axeitados e instalacións e infraestruturas que aumenten as posibilidades de uso social do monte á vez que transmiten os valores e as potencialidades deste, permiten unha maior complicidade na loita contra os incendios forestais.
No Congreso farase unha revisión das distintas actividades complementarias ao aproveitamento madeireiro outorgándolle unha especial relevancia nesta primeira edición ao silvopastoralismo.
INICIO | LUGAR E DATAS | PROGRAMA | DOCUMENTACIÓN | CONTACTOS
(c) 2008 Desenvolvemento web: AVA - www.avaforum.com