Sesión 1: SILVOPASTORALISMO
Sesión 2: OUTROS APROVEITAMENTOS DO MONTE
Sesión 3: USO SOCIAL
Visitas: Visitas técnicas opcionais
| mércores, 19 | Inauguración oficial |
| Áreas temáticas | |
| xoves, 20 | Áreas temáticas |
| venres, 21 | Áreas temáticas |
| Cerimonia de clausura | |
| sábado, 22 | Visita técnica |
O I Congreso Internacional de Valorización Integral do monte dará comezo na mañá do día 19 de novembro de 2008 coa recepción de participantes e entrega de documentación.
A continuación terá lugar a sesión inaugural contando coa presenza de Dª. Hilkka Summa, Xefa da Unidade, "Bionerxía, Biomasa, Silvicultura e Cambio Climático", da Comisión Europea.
As diferentes áreas temáticas desenvolveranse en sesións paralelas de mércores a venres, en horario de mañá e tarde, estando prevista tamén a realización de visitas técnicas.
O venres terá lugar a lectura das conclusións do Congreso que dará paso á cerimonia de clausura.
O sábado está previsto organizar unha visita técnica ao recinto da Feira Internacional Semana Verde de Galicia (Silleda, Pontevedra) complementada cunha ruta de interese turístico.
Complementariamente ao desenvolvemento do Congreso, habilitarase dentro do recinto da Feira Internacional Semana Verde de Galicia un espazo expositivo de diversos produtos relacionados coa valorización do monte o cal estará aberto ao público dende o comezo do Congreso.
INICIO | LUGAR E DATAS | PROGRAMA | DOCUMENTACIÓN | CONTACTOS
(c) 2008 Desenvolvemento web: AVA - www.avaforum.com